

Xosé Antón Bouza Rey é o Concelleiro de Facenda, Patrimonio, Promoción económica, Formación e Emprego
Este departamento é o encargado, no que corresponde a facenda da preparación e xestión dos orzamentos de Mugardos, ordenanzas fiscais e taxas do noso municipio en contacto directo con recadación, tesourería e intervención.
Polo que respecta a patrimonio, é nesta concellería onde se desenrolan os plans de actuación para a protección, conservación e posta en valor dos recursos patrimoniais da nosa vila
Xestiona tamén a Axencia de Emprego e desenvolvemento local que fomenta a implantación das políticas activas de emprego, e o Servizo de orientación laboral dirixido a persoas desempregadas (ou en mellora de emprego) que queiran mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo.
A través destes instrumentos xestiónanse e realízanse os cursos de formación e os Plans de cooperación para o emprego.