
Xoán Xosé Roca Galego é o concelleiro responsable das áreas de obras, servizos e persoal.
Desde esta concellería xestiónase os servizos que ofrece o Concello de Mugardos a todos os cidadáns e cidadás como o correcto tratamento das augas, sumidoiros, recollida de mobiliario urbano, lixo...
É tamén competencia de Xoán Xosé Roca a xestión dos servizos administrativos do Concello e do persoal do mesmo, a organización do corpo de Policía Local e a coordinación de Protección Civil.
No tocante aos servizos de obras, é esta concellería a responsable inicial de xestionar as licencias e permisos de obras na nosa vila.