Concello de Mugardos

Concello / Departamentos técnicos /

Cultura, Deportes e Turismo

Animación Deportiva

Correo-e:

Animación Sociocultural

Correo-e:

Funcións:

A función da Animadora Sociocultural é dinamizar o tecido social e cultural do municipio de Mugardos, coordinando e programando distintas actividades e tratando sempre de colaborar e apoiar naquelas que, á marxe do Concello, organicen as asociacións do municipio.

Actividades permanentes:

Actividades conxuntamente coa Deputación:

Actividades nas escolas municipais:

Administración

Correo-e:

Oficina de Turismo

Enderezo: Avda. do Mar, s/n (Casa do Reloxo) Nas épocas en que permanece pechada a OIT a información turística pódese obter no Concello no departamento de turismo.

Teléfono: 630 885 761

Correo-e:

Funcións:

A OIT do Concello de Mugardos inaugurouse en xuño de 2000, permanecendo aberta nos períodos de verán e de Semana Santa, por ser precisamente as épocas nas que se produce unha maior afluencia turística.

A función básica da OIT é a de satisfacer as necesidades de información turística (na que se englobaría información das actividades culturais, lúdicas e deportivas a desenvolver no municipio) dos habitantes, visitantes, turistas e turistas potenciais, así como tamén facer unha promoción turística.

Na OIT elaborarase unha estatística con diferentes aspectos como: número de visitantes, procedencia dos mesmos, número de consultas e temas que se consultan. Datos que son de importancia para a área de turismo, xa que así se obtén unha perspectiva da situación do turismo no municipio e aspectos a mellorar.

Canto ao material de promoción turística, cóntase con trípticos e guías. Nestes momentos estase en fase de elaboración de material promocional novo, por considerar que o que existía até este momento xa está un pouco desfasado.

Aínda que non é función da OIT, desde o departamento de turismo faise un intento de difusión do concello, por iso participamos cunha caseta propia na FIMO de Ferrol e envíase material promocional a distintas feiras turísticas a través de Turgalicia. Tamén se participa noutros certames e eventos de promoción turística como Xantar en Expourense.

Biblioteca

Teléfono: 981 470 301

Arquivo

Enderezo: Avenida de Galiza, 45 (Concello de Mugardos - segundo andar)

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS