Concello de Mugardos

Concello / Departamentos Técnicos /

Policía Local

Oficina da Policía Local

Contacto

Teléfono: 629 41 69 69

Funcións:

A continuación relaciónanse algunhas das funcións ou tarefas que de xeito cotián desenvolven os axentes da Policía Local de Mugardos, ademais do estabelecido de forma xenérica pola LEI ORGÁNICA 2/1986 de 13 marzo de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado:

Policía administrativa en materia de elaboración de informes de:

  • Convivencia
  • Residencia
  • Medios patrimoniais
  • Actividades empresariais
  • Baixas e altas nos padróns de servizos (auga, sumidoiro, lixo)
  • Obxectos perdidos

Medio ambiente:

  • Denuncias de fincas en mal estado
  • Denuncias sobre vertidos
  • Denuncias sobre animales libres o sin control
  • Denuncias sobre vehículos abandonados
  • Seguimento sobre servizo de lacería
  • Seguimento sobre servizo de desratización
  • Seguimento sobre talas forestais
  • Colaboración na extinción de incendios forestais

Urbanismo e Industria

  • Seguimento sobre infraccións urbanísticas
  • Expedientes de actividades tóxicas, insalubres, nocivas ou perigosas
  • Control e seguimento sobre as Resolucións da Alcaldía no que respecta a cuestións urbanísticas
  • Asistencia e control sobre demolicións
  • Seguimento sobre obras menores
  • Informes sobre edificios ou vivendas en ruínas

Obras

  • Elaboración de listados de colidantes para a realización de obras por parte do Concello e outras administracións
  • Colaboración co persoal técnico e político do Concello no seguimento das obras

Ensino

  • Organización e desenvolvemento de Cursos de Educación Viaria

Cultura e Deportes

  • Colaboración na planificación e desenvolvemento de actividades culturais
  • Colaboración na organización e ubicación das atraccións das festas do verán.

Servizos

  • Realizar estudos e propostas sobre a regulación do tráfico
  • Información e seguimento sobre pasaxes permanentes
  • Información sobre accidentes con danos aos bens públicos
  • Control sobre accesos, venda e limpeza do Mercado Municipal
  • Seguimento e control do mercadillo dos xoves, incluído o emprazamento de postos e requisitos legais dos vendedores
  • Presenza nos centros escolares ás horas de saída do alumnado
  • Colaboración coa Policía Nacional na renovación do DNI

Asuntos Sociais

  • Colaboración co persoal técnico e político no desenvolvemento e seguimento de programas ou cuestións de carácter social (toxicomanías, malos tratos, conflitos de familia, etc.)
  • Prestación de auxilio a persoas que requiren atención médica urxente (traslado a centros de saúde, solicitudes de ambulancias, etc.)

Colaboración con outras institucións

  • Procesos electorais
  • Cobranza de tributos
  • Localización de persoas en caso de accidentes con resultado de persoas feridas ou con vítimas mortais

Xulgados

  • Realización de informes sobre busca e captura de persoas
  • Citacións xudiciais
  • Localización de persoas

Outros corpos de seguridade

  • Colaboración coa Garda Civil
  • Colaboración coa Policía Autonómica
  • Colaboración coa Policía Nacional
  • Colaboración con outras Policías Locais

Atención ao público

  • Atención personalizada aos cidadáns en calquera asunto que estes soliciten
  • Mediar nos conflitos particulares, cando así se solicita.

Empresas privadas

  • Colaboración coas empresas radicadas no Concello, ou non, que necesitan dos servizos da Policía Local en temas como o transporte viario ou similares
  • Colaboración coas empresas de construción na instalación ou retirada de guindastres de grandes dimensións, que se adoitan instalar como consecuencia do importante número de obras que se están a realizar no termo municipal

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS