Traballo Social
Correo-e:
Funcións:
No Departamento realízanse, entre outras, as seguintes xestións:
- Información, asesoramento e xestión de recursos, axudas, prestacións, pensións
- Programa de intervención sociocomunitaria
- Servizo de axuda no fogar e teleasistencia domiciliaria
- Programa para as persoas con discapacidade
- Programa de eliminación de barreiras arquitectónicas e accesibilidade
Psicoloxía e Educación Familiar
Correo-e:
Funcións:
No Departamento realízanse, entre outras, as seguintes xestións:
- Programa de intervención sociocomunitaria
- Servizo gratuíto de asesoría xurídica para mulleres
- Programa de intervención familiar
- Programa de intervención social con adolescentes (PREMUVI)
- Programa de acollemento familiar temporal de nenos e nenas saharauis
- Programa de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
- Escola Infantil Municipal "As Lagoas" (0-3 anos)
Animación Sociocultural
Correo-e:
Funcións:
A función da animadora sociocultural é dinamizar o tecido social e cultural do municipio de Mugardos, coordinando e programando distintas actividades e tratando sempre de colaborar e apoiar naquelas que, á marxe do Concello, organicen as asociacións do municipio.
Actividades
Actividades para os maiores de 55 anos do municipio de Mugardos
- Actividades de inverno (xaneiro-maio)
- Obradoiro de memoria
- Obradoiro de psicomotricidade
- Obradoiro de lectura e escritura
- Obradoiro de teatro
- Piscina
- O mes de novembro dedícase a facer conferencias sobre temas de interese para os maiores, rematando cunha obra de teatro.
Actividades de verán
- Encontro dos Maiores no «Parque de Beiramar» no Seixo. Este encontro consiste en pasar un día de lecer cos nosos veciños das distintas parroquias acompañados dunha merenda e música, e así compartir inquedanzas (agosto).
Actividades da Xunta e IMSERSO (xestionadas polo Concello)
- Balnearios (Xunta, IMSERSO) mes de xaneiro até maio.
- Vacacións do IMSERSO e intercambios culturais (marzo, abril aprox.)
Administración
Teléfono: 981 470 338
Correo-e:
Funcións:
- Tramitación administrativa dos recursos, axudas, prestacións, exención de taxas (auga, lixo e sumidoiros), tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalía, servizo de axuda no fogar e teleasistencia domiciliaria
- Envío de condolencias aos concellos e familiares das mulleres vítimas por violencia de xénero
- Reserva de matrícula da Escola Infantil Municipal
- Recollida e envío de reclamacións polas listas de espera na sanidade pública
- Instrución de procedementos sancionadores relacionados coa tenencia ilícita de animais perigosos
- Xestión administrativa das denuncias de fincas en mal estado, denuncias sobre verquidos, denuncias sobre animais soltos ou sen control, denuncias sobre vehículos abandoados, servizo de lacería, servizo de desratización, plagas e talas forestais.