Friday, May 18, 2012

Printer-friendly versionPrinter-friendly version Enviar a un amigoEnviar a un amigo

City Councillor

O Concello de Mugardos está estruturado nas concellarías de Urbanismo e Industria; Facenda e Patrimonio; Formación, Emprego e Turismo; Obras, Servizos, Persoal e Mediambiente.

CONCELLARÍA DE URBANISMO E INDUSTRIA

139A Oficina Técnica de Urbanismo Municipal, está ao servizo dos cidadáns e cidadás para realizar unha xestión eficaz do territorio e a busca dun equilibrio urbanístico: son dúas cuestións fundamentais para conquerir maiores cotas de calidade de vida dos mugardeses e da xente que nos visita.

Tamén a resolución das dubidas dos cidadáns e cidadás, correspondéndolle a este departamento a xestión dos permisos municipais para a realización das obras que executen os particulares no ámbito municipal.

Para acadar estes obxectivos, a oficina técnica desenvolve as seguintes funcións:

  1. Redacción e Informes de toda clase de instrumentos de planeamento urbanístico para o desenvolvemento da nosa vila, velando polo rigoroso cumprimento dos mesmos.
  2. Información e asesoramento aos particulares e institucións.
  3. Tramitación das licenzas urbanísticas (obras maiores, obras menores, primeira ocupación, parcelación, etc.).
  4. Supervisión das iniciativas urbanísticas dos particulares.
  5. Inspección urbanística, promovendo expedientes sancionadores cando sexa o caso.
  6. Declaración de ruína de edificios.
  7. Ordes de execución.

Contacto:

- Concelleiro de urbanismo: D. Xosé Antonio Bouza Rei

- Arquitecta: Dª. Olfa Fra Gálvez (olga.fra@mugardos.dicoruna.es)

- Arquitecto técnico: Dª. María del Carmen Piñeiros Lemos (carmen.pineiro@mugardos.dicoruna.es

Horario:

O horario de atención ao público é os Martes e Xoves, de 10:30 as 13:00 horas.

O teléfono é 981 470 338 Ext.: 213; o Fax 981 472 017.

CONCELLARÍA DE FACENDA E PATRIMONIO

145A Concellería de Facenda e Patrimonio está dirixida por Gloria Fornos Bastida.

Este departamento é o encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Mugardos, ordenanzas fiscais e taxas do noso municipio.

CONCELLARÍA DE FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO

A Concellería de Formación, Emprego e Turismo está dirixida por Gloria Fornos Bastida.

Esta concellaría xestiona Axencia de Emprego e desenvolvemento local que fomenta a implantación das políticas activas de emprego.

A través desta concellaría tamén se xestiona o Servizo de orientación laboral dirixido a persoas desempregadas (ou en mellora de emprego) que queiran mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo.

A través destes instrumentos xestiónanse e realízanse os cursos de formación e os Plans de cooperación para o emprego.

Gloria Fornos Bastida tamén dirixe todas as accións vinculadas co turismo en Mugardos como a elaboración dos contidos do novo portal web corporativo no apartado "Coñecendo Mugardos", así como, das campañas de promoción turísticas.

CONCELLARÍA DE OBRAS, SERVIZOS, PERSOAL E MEDIOAMBIENTE

Xoán Xosé Roca Galego é o concelleiro responsable das áreas de obras, servizos, persoal e medioambiente.

146Desde esta concellería xestiónase os servizos que ofrece o Concello de Mugardos a todos os cidadáns e cidadás como o correcto tratamento das augas, sumidoiros, recollida de mobiliario urbano...

É tamén competencia de Xoán Xosé Roca a xestión dos servizos administrativos do Concello, a vixiancia e seguridade no municipio de Mugardos, así como, velar pola boa calidade medioambiental no municipio.