
The Councillorship of Culture and Sports has his headquarters in the House of the Town hall and has different cultural and sports facilities that shape the municipal infrastructure.
Casa da Cultura, Biblioteca municipal, Pavillón polideportivo do Cristo, cinco pistas polideportivas en todo o concello, Complexo deportivo acuático e un campo de fútbol de herba sintética. A concellaría conta con persoal técnico e Administrativo propio para cada un dos contidos da concellaría.
Cultura.
Este departamento fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades orientadas a todos os públicos. Figuran entre elas a música, o teatro, a animación infantil, exposicións, visitas, conferencias, as sesións de contacontos ou a proxección de filmes, entre outras. Esta programación cultural estrutúrase arredor de programas que están vencellados, na súa maioría, a épocas concretas do ano. Os principais programas que se desenvolven en Mugardos con carácter anual son:
Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal acolle regularmente diversas actividades dirixidas aos máis pequenos, relacionadas co xogo e a lectura.
Deportes
Este departamento fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades orientadas a todas as idades. Na progrmación deportiva municipal faise especial fincapé nos grupos de escolares e da 3ª idade.
Todo o programa está coordenado coas entidades asociativas do concello coas que se colabora a través de convenios específicos para cada actividade deportiva.
Así mesmo contémplanse as actividades promovidas pola Deputación de A Coruña e pola Secretaría Xeral para o deporte. Por último é de destacar a colaboración inter-municipal Ares-Mugardos na programación de numerosas actividades.
Os obxectivos da concellaría de deportes son:
Actividades deportivas permanentes:
Actividades deportivas en colaboración coas seguintes entidades:
Técnico de Deportes
Correo-e: manuel.polo@mugardos.dicoruna.es
Funcións:
Planificación, programación e organización de actividades deportivas durante todo o ano.
Supervisión e seguimento do estado das instalación deportivas do concello.
Apoio ás actividades das entidades deportivas do municipio e promoción de actividades novas en colaboración co tecido deportivo.
Seguimento dos diferentes convenios de colaboración entre o concello e as socidades.
Colaboración cos centros de ensino na organización de actividades deportivas.
Animación Sociocultural
Correo-e: eusebia.perez@mugardos.dicoruna.es
Funcións:
A función da Animadora Sociocultural é dinamizar o tecido social e cultural do municipio de Mugardos, coordinando e programando distintas actividades e tratando sempre de colaborar e apoiar naquelas que, á marxe do Concello, organicen as asociacións do municipio.
Biblioteca
A función da bibliotecaria é a de emprestar, catalogar e facer propostas de dotación de fondos así como dinamizar a lectura entre o público infantil.
As actividades habituais ao longo do ano son o emprestito de libros, a progarmaciónde contacontos e actividades de animación á lectura e o concurso de posesía.
Correo-e :
fatima.garcia@mugardos.dicoruna.es
Telefono: 981470301
Administración
As funcións do persoal administrativo son a de tramitar os expediendes (solicitudes, subvencións, convenios.), a secretaría da Comisión informativa co posterior despacho dos asuntos e as actas, a información e inscrición das escolas deportivas e culturais, a realización dos cargos para os cobros das actividades. Levantar acta de todas as xuntanzas ou xurados dos diferentes actos da concellaría.
Correo-e: mar.novoa@mugardos.dicoruna.es
Teléfono: 981 470 301