Friday, May 18, 2012

Printer-friendly versionPrinter-friendly version Enviar a un amigoEnviar a un amigo

Department of Urban Development and Industry


139A Oficina Técnica de Urbanismo Municipal, está ao servizo dos cidadáns e cidadás para realizar unha xestión eficaz do territorio e a busca dun equilibrio urbanístico: son dúas cuestións fundamentais para conquerir maiores cotas de calidade de vida dos mugardeses e da xente que nos visita.

Tamén a resolución das dubidas dos cidadáns e cidadás, correspondéndolle a este departamento a xestión dos permisos municipais para a realización das obras que executen os particulares no ámbito municipal.

Para acadar estes obxectivos, a oficina técnica desenvolve as seguintes funcións:

  1. Redacción e Informes de toda clase de instrumentos de planeamento urbanístico para o desenvolvemento da nosa vila, velando polo rigoroso cumprimento dos mesmos.
  2. Información e asesoramento aos particulares e institucións.
  3. Tramitación das licenzas urbanísticas (obras maiores, obras menores, primeira ocupación, parcelación, etc.).
  4. Supervisión das iniciativas urbanísticas dos particulares.
  5. Inspección urbanística, promovendo expedientes sancionadores cando sexa o caso.
  6. Declaración de ruína de edificios.
  7. Ordes de execución.

Contacto:

- Concelleiro de urbanismo: D. Xosé Antonio Bouza Rei

- Arquitecta: Dª. Olfa Fra Gálvez (olga.fra@mugardos.dicoruna.es)

- Arquitecto técnico: Dª. María del Carmen Piñeiros Lemos (carmen.pineiro@mugardos.dicoruna.es

Horario:

O horario de atención ao público é os Martes e Xoves, de 10:30 as 13:00 horas.

O teléfono é 981 470 338 Ext.: 213; o Fax 981 472 017.