Friday, May 18, 2012

Printer-friendly versionPrinter-friendly version Enviar a un amigoEnviar a un amigo

Getting to know Mugardos

A vila romana de Noville está ubicada no fondo dunha pequena ensenada, a beira do mar, moi cerca do Seixo. Ten planta en forma de U e presenta un patio aberto ao mar de canalización de augas. Tamén se atoparon na vila restos dun primitivo sistema de calefacción.

Outros vestixios interesantes (dos séculos XV e XVIII) son os constituidos polo camiño da Calzada, no lugar da Redonda; trátase dun camiño empedrado para carros ao servizo do mosteiro de Montefaro, do que dependía xurídicamente Mugardos naquela época.

Son moitas más as mostras de arquitectura civil, cunha gran cantidade de casas blasonadas e pazos. Entre elas destaca o Pazo de Rilo, de estilo ecléctico comezado a construír no século XV.

74

Presenta un edificio principal de tres plantas con almena e un gran xardín. Na construcción atópase un dos cruceiros que reproduce a columna central do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. No interior da capela conserva interesantes frescos e unha imaxe de Sta. María de Rilo.

Outra interesante mostra encontrámola na Casa da Serea ou do Alcalde Mariño de la Barrera, situada no porto, construído no século XVI e remodelado no XVIII; esta construcción aínda conserva o escudo heráldico dos Mariño coa característica serea da que, segundo esta familia, descenden todos os seus membros.

De época posterior é representativo o Pazo das Condesas, construido no 1803 ao fondo da ensenada do Baño. De noble aspecto, presenta un interesante balcón e un gran hórreo ornamental no amplo xardín con interesantes especies arbóreas; nas fachadas reprodúcense escudos pétreos de Mugardos coas dúas coroas e a estrela. Existiron outras edificacións do século XVIII pero delas quedan só restos ruinosos e escudos nas fachadas, como é o caso do Pazo de Novas ou o Pazo da Rega, en Boado.

81

Restan, sen embargo abundantes exemplos de casas señoriais construídas nos séculos XIX e XX. No porto encóntrase a Casa Dans Arrabal, con pedra vista e as galerías típicas das casas mariñeiras. A Casa Cudilleiro, que presenta na fachada un mosaico de cristais enmarcados por finos barrotes de madeira. No pleno centro urbán de Mugardos encontramos tamén a Casa Gelpi, de estilo ecléctico de 1910, planta rectangular con numerosos elementos decorativos nas galerías. O cine Zárate do ano 1926 presenta fachada ricamente decorada con elementos cerámicos, rematando a cornisa con frontón triangular.

Na vila mariñeira do Seixo (cuna do aviador Xosé Piñeiro, piloto acróbata e primeiro galego que remontou os aires nun aparato aviador) temos dous bonitos exemplos de construccións mariñeiras: a casa de Bello Piñeiro, pintor paisaxista, figura singular da arte galega do século XIX, que fundou a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega; e precisamente na Avenida Pintor Bello Piñeiro, no mesmo embarcadeiro, consérvase un exemplo de construcción tradicional mariñeira de finais do XIX, coas vistosas cores típicas.

Tamén se atopan un bo número de construccións indianas xurdidas cando algúns dos moitos emigrantes de finais do XIX e comezos do XX, fixeron fortuna e promoveron iniciativas que axudaron a mellorar as condicións de vida dos seus paisanos.

É o caso do Casino Progreso, de Franza, de estilo modernista, ou o Grupo Escolar Francisco Vizoso, a escasos metros do anterior. Tamén destaca o Chalé de Esperante no centro do Seixo coa súa cuberta a oito augas, a modo de chalé alpino.