
Un ano máis, o dia 5 os Reis Magos volverán a percorrer a Vila de Mugardos visitando a todolos rapaces e rapazas do concello.
A comitiva real sairá ás 17 horas do peirao mugardés percorrendo a avenida de Galicia, rúa Os Corzás e rúa do Cristo.
As 18 horas Reis Magos farán a recepción no pavillón municipal do Cristo.
Ás 19 horas os as súas Maxestades Os Reis Magos sairán hacia O Seixo (19.15 horas), San Xoán de Piñeiro (19.45 horas) e Franza (20.00 horas).
Á mesma hora comezará no pavillón infantil un Festival infantil que durará ata as 21 horas, na que haberá todo tipo de actividades para que os máis pequenos poidan pasalo en grande.