
Na miña primeira intervención na sesión de investidura, anunciaba o meu compromiso de traballar en pé de igualdade para todos os mugardeses e mugardesas. Estou convencido, que ese compromiso está cumprido.
Xosé Barcia, alcalde do Concello de Mugardos
Dicía tamén, que a confianza que me dabades, ia permitirme continuar co desenvolvemento do proxecto que tiña e teño para seguir mellorando Mugardos, un proxecto ilusionante e transformador que sen dúbida cambiaría por completo a imaxe de Mugardos e tamén melloraría a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.
Benqueridos veciños e veciñas, dentro de poucos meses vaise dar por rematada a miña responsabilidade de cumprir cos compromisos adquiridos con todos e todas vos. Creo que estes compromisos están cumpridos na súa maior parte:
Neste sentido o novo portal web corporativo do Concello de Mugardos é un paso máis para transformar o noso municipio.
Trátase dun proxecto adaptado ás características da Administración Electrónica que permitirá manter un contacto directo e permamente cos cidadáns e cidadás, así como, informar sobre toda a nosa historia, cultura e oferta turística.
