
Para desprazarse en autobús desde Mugardos a outros puntos da comarca debemos tomar como referencia as paradas da Gallada, Franza, O Seixo e Mugardos.
A empresa que xestiona o transporte en autobús a nivel comarcal ofrece catro paradas para utilizar este servizo. Trátanse das paradas da Gallada, Franza, O Seixo e Mugardos.
A periodicidade e prezo dos recorridos varía en función dos destinos. Habitualmente o custo soe estar entre un e dous euros e a periodicidade entre vinte e corenta minutos.
O servizo de autobuses é xestionado por unha empresa privada, e polo tanto, independente do Concello de Mugardos.
A continuación indícase os datos de contacto da compañia para realizar consultas específicas sobre prezos, itinerarios, horarios de saída e chegada, custos...