Concello de Mugardos

Municipio /

Como chegar?

Desde Ferrol

Mapa Ferrol - Mugardos

En automóbil

Desde Ferrol dirixímonos pola N-651 en dirección a Coruña durante 4 km. ata chegar ao cruce de Fene, onde xiraremos cara Mugardos pola AC-133 (Estrada da Palma). Cinco quilómetros máis adiante alcanzaremos a CP-3504 que atravesa o núcleo mugardés de O Seixo en direción á vila. Tres quilómetros chegaremos ao cruce coa AC-122, no núcleo da Pedreira, unha vez deixado atrás o complexo industrial de Punta Promontorio. Dende a AC-122 xa só faltará 1 quilómetro para atoparse co núcleo urban da Vila de Mugardos.

En bus

Para información sobre liñas e horarios consulte a páxina transportemetropolitano.xunta.es.

Desde A Coruña

Mapa A Coruña - Mugardos

En automóbil

Tomamos a Autopista do Atlántico (AP-9/E-1) con dirección Ferrol até a derradeira peaxe, á altura de Vilar do Colo, onde tomaremos a saída 25F que atravesa o Polígono e nos diriximos á vía rápida VG-1.2 que non abandonaremos ate case o seu remate (saída 5). Á saída da vía rápida atoparémonos na estrada local CP-3504 na que nos manteremos en dirección Mugardos ata o cruce coa AC-122 que rematará un quilómetro despois no casco urbán da vila.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS