
O vindeiro día 16 de decembro vai empezar a campaña de promoción do pequeno comercio e a hostalería local cun novo concurso de escaparates. Este concurso vai consistir en que un xurado formado por representantes de varias asociacións de Mugardos e persoal técnico seleccionarán de entre os comercios participantes os tres mellores escaparates. Aos establecementos gañadores entregaráselles un diploma acreditativo e un agasallo ao tempo que terán publicidade en prensa. Con este concurso preténdese que o tecido comercial deste concello amose no seus espazos os seus produtos dun xeito atractivo para a posible clientela.
Para participar no mesmo os distintos establecementos deberán remitir antes do día 15 de decembro a ficha adxunta cuberta cos seus datos, de forma que aos establecementos participantes se lles enviará o correspondente logotipo para que o coloquen nos seus escaparates e así o xurado poda escoller entre aqueles negocios que presenten este logotipo.
As inscricións realizaranse na Axencia de desenvolvemento local na segunda pranta do concello, tamén pode remitirse por correo electrónico (rosa.rey@mugardos.dicoruna.es) a ficha de inscrición debidamente asinada