Venres, 18 May de 2012

Versión para imprimirVersión para imprimir Enviar a un amigoEnviar a un amigo

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE ESCAPARATES DO CONCELLO DE MUGARDOS

/ Tue, 12/27/2011 - 11:32
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A Concellería de Facenda, Patrimonio, Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Mugardos, entregou onte ás 21.00 horas no Salón de Plenos do Concello os premios do III CONCURSO DE ESCAPARATES DO CONCELLO DE MUGARDOS.

Os escaparates premiados corresponderon:

Premio ao establecemento “CALZADOS LOTRY”

Premio ao establecemento “MERCERIA DOLORES”

Premio ao establecemento “JOYA GALICIA”

Os premios foron outorgados por unanimidade polo xurado composto por  o Concelleiro de Facenda, Patrimonio, Promoción económica, Formación e Emprego D. Xosé A. Bouza Rei, a Presidenta da Asociación Amas de Casa,  unha representante  da Asociación de empresarios de Comercio e Hostalería e a asesora técnica de escaparatismo Dna. Maria Martínez Bardanca.

Con este concurso trátase de fomentar a creatividade dos comerciantes á hora de amosar ao público os seus produtos ao tempo que animar as compras nestas datas.

Con esta terceira edición vaise consolidando parte das Campañas de promoción do comercio local que se veñen r ealizando dende a concellería de promoción económica  dende o ano 2006. 

 158 

 

157