Concello de Mugardos

Actualidade /

Adxudícase a adaptación á normativa dos parques do Peteiro e Os Carneiros

Publicada o 9 de Xaneiro de 2007 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente comunica que xa están adxudicadas as obras de adaptación á normativa dos parques infantís do Peteiro e Os Carneiros, os dous do casco urbano de Mugardos. Trátase das áreas de lecer máis antigas do municipio, e as que maior estado de deterioro presentaban, e ambas as dúas verán totalmente renovados todos os seus xogos.

No parque do Peteiro a actuación, orzamentada en 47.953,47 €, consistirá na instalación de catro xogos de resorte, dous bambáns, un equipo multixogo, un equipo de escalada, unha casiña con complementos e un equipo de plataformas, ademais do valado perimetral.

Nos Carneiros instalaranse dous equipos multixogo, un bambán e catro xogos de resorte, cun orzamento de 23.708,54 €.

Colocaranse así mesmo os correspondentes paneis informativos, cos datos e teléfonos de emerxencias e reparacións e as idades de xogo recomendadas e máximas permitidas.

É intención desta concellaría que os traballos, que darán comezo nos próximos días, poidan estar rematados en febreiro. Esta actuación está parcialmente subvencionada pola Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar da Xunta de Galiza.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS