Concello de Mugardos

Actualidade /

Mugardos disporá dun novo vehículo contraincendios

Publicada o 5 de Febreiro de 2007 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente comunica que a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza acaba de outorgar ao Concello a subvención solicitada para a merca dun novo vehículo contraincendios, que estará operativo para a próxima campaña de verán. O importe da subvención é de 90.000 €, estando obrigado o Concello a achegar un 25% do seu custe final.

O concelleiro de Medio Ambiente, Moisés Rivadulla, sinalou que a adquisición desta nova motobomba enmárcase na renovación do parque móbil municipal emprendida no presente mandato, xunto coa de dous vehículos de servizos múltiples, un novo coche da Policía Local, un tractor e unha varredora que se produciron desde o 2003.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS