Concello de Mugardos

Actualidade /

Preséntase a programación das festas do Entroido

Publicada o 8 de Febreiro de 2007 en Cultura

A Concellaría de Cultura informa do programa deste Entroido 2007:

  • Venres 16 de febreiro: VENRES DO ENTROIDO ESCOLAR:
    • Pasarrúas organizado polos centros escolares CEIP “Unión Mugardesa”, Colexio “Loyola”, IES de Mugardos e ANPAS.
    • 10:30 horas: saída desde o Colexio “Loyola”, pasando polo CEIP “Unión Mugardesa”, Apelón até o peirao, rematando no pavillón municipal, onde haberá unha gran festa de disfraces cun grupo de animación.
  • Luns 19 de febreiro: LUNS LACOEIRO
    • Hora: 20:00.
    • Lugar: Carpa da Praza do Mercado.
      Vén disfrazado e poderás participar no sorteo dunhas magníficas cestas con produtos típicos de tempada. Sortearanse catro cestas con lacón, grelos e produtos típicos. Dúas cestas para grupos e dúas para disfraces individuais. Para participar no sorteo é indispensábel acudir con disfrace. Na carpa haberá sesión de luces e discoteca para animar a festa.
    • Reparto de orellas na carpa.
  • Martes 20 de febreiro: MARTES DOS PÍCAROS E PÍCARAS
    • Hora: a partir das 18:00.
    • Lugar: Carpa da Praza do Mercado.
    • Música e desfile de disfraces; bailes e coreografías; obradoiros de maquillaxe e globoflexia; globos, caramelos, auga e zumes.
  • Mércores 21 de febreiro: ENTERRO DA SARDIÑA
    • Hora: 19:00.
    • Lugar: Carpa da Praza do Mercado.
    • Concentración na Praza do Mercado para rematar a festa. Queimarase o entroido e farase unha queimada acompañada dun conxuro, que nos fará despedir as celebracións cunha nota de humor.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS