Publicada o Mércores 14 de Febreiro de 2007 en Medio Ambiente
A Concellaría de Medio Ambiente comunica que a Comisión de Obras, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico ditaminou onte favorabelmente a renovación do convenio anual que Mugardos mantén coa Sociedade Galega de Historia Natural.
Este convenio permite ao Concello contar coa colaboración da SGHN en diversas actividades, entre as que destacan charlas sobre temas medioambientais nos centros educativos do municipio, a participación na campaña A limpar o mundo, diversos obradoiros, un bautismo de mergullo para rapaces e observacións astronómicas, que están tendo unha boa aceptación por parte do publico.
O Concello de Mugardos e a SGHN veñen mantendo unha fructífera colaboración desde o comezo da anterior lexislatura, que permitiu desenvolver importantes iniciativas ao longo deste tempo. O convenio agora renovado estará en vigor durante un ano.