Concello de Mugardos

Actualidade

Prográmanse diversas actividades co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Publicada o Xoves 1 de Marzo de 2007 en Muller

A Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade vén de organizar, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galiza e o Servizo Galego de Igualdade, as seguintes actividades arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres:

  • Obradoiro de Autoestima e Desenvolvemento Persoal: autocoñecemento, impartido pola Asociación Lilith. 8 de marzo, ás 17:00, na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.
  • Teatro: A vida de Rosa, día tras día, compañía Mariclown. 10 de marzo ás 20:30, no Casino Mugardés.
  • Teatro: Rotas, compañía Pífano Trupe. 21 de abril ás 20:00, na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A través destas actividades, o Concello conmemora as reivindicacións que aínda hoxe seguen vivas e que deron orixe ao 8 de marzo. Por unha banda está ligado ao movemento de mulleres socialistas alemás e, por outra, conmemora tanto o incendio que, no ano 1908, provoca o dono dunha fábrica neoiorquina, e ocasiona a morte de 129 obreiras, coma o amotinamento, en 1917, de mulleres rusas reclamando alimentos. É no ano 1911 cando algúns países europeos comezan a celebrar, a finais de febreiro, o Día Internacional da Muller Traballadora que, pouco a pouco, se vai facendo extensivo a outros países, a partir de diversos procesos revolucionarios e reivindicativos que reclaman a visibilización e a igualdade dos dereitos da muller na escena laboral. Chegamos así até o ano 1975, cando as Nacións Unidas apostan pola declaración internacional do 8 de marzo como a data sinalada para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora, tal e como hoxe o conmemoramos.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS