Mellorarase a rede eléctrica das Fieiteiras e Boado
Publicada o 6 de Marzo de 2007 en Servizos
A Concellaría de Servizos comunica que, logo das xestións levadas a cabo perante Fenosa, procederase a mellorar por parte desta empresa a rede eléctrica que subministra as vivendas situadas nos lugares das Fieiteiras e Boado, que viñan padecendo baixóns de tensión nas horas punta de consumo, e onde se reforzarán os cables nunha extensión respectiva de 400 e 500 metros. En Boado (O Seixo) xa se executou a maior parte da obra, 382 metros.
Ao longo desta lexislatura leváronse a cabo actuacións similares nas zonas do Morteirado-San Vitorio (Franza) e As Barcias (O Seixo), mediante a instalación de transformadores. Actualmente o goberno local está a xestionar a colocación doutro destes aparellos no Penedo, que sofre os mesmos problemas.
