Concello de Mugardos

Actualidade /

Contratadas diversas obras de saneamento e reposición de servizos

Publicada o 13 de Agosto de 2006 en Servizos, Obras, Medio Ambiente

O Concello de Mugardos comunica que na mesa de contratación celebrada este mércores 9 de agosto resolveuse propoñer a adxudicación das obras de ampliación do saneamento de Simou a dez casas á empresa Concifa, SL, por un importe de 39.417,88 €, e a reposición da rede de augas nas rúas A Xesteira e Castelao a Pascual Martínez, SL, cun orzamento respectivo de 43.947,73 € e 18.282,33 €.

O xoves reuniuse así mesmo a Xunta de Goberno Local, na que se aprobaron, entre outros asuntos, o inicio dos trámites para a adquisición dun tractor con desmalezadora (subvencionado pola Consellaría de Medio Rural e a área de Promoción Económica da Deputación da Coruña), cun prezo de 95.753 €, e a licitación das obras de renovación das redes de auga e saneamento e o firme no tramo da Avenida de Galiza comprendido entre o Cotellón e Os Corzás, presupostado en 22.153,16 €.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS