Concello de Mugardos

Actualidade

Organízanse dous obradoiros de iniciación á informática

Publicada o Martes 20 de Marzo de 2007 en Emprego, Educación

A Concellaría de Emprego comunica que, a través da Dinamizadora Dixital, vai realizar dous Obradoiros de Iniciación á Informática, que se levarán a cabo nas aulas de Mugardos (Casa da Cultura) e de Franza (Francisco Vizoso).

Estes obradoiros terán unha duración de 6 horas, dúas cada semana. Os requisitos para participar son querer aprender informática desde cero.
Os horarios serán os seguintes:

  • Casa da Cultura (Mugardos): os días 2, 9 e 16 de abril de 19:00 a 21:00 horas
  • Centro de Formación Francisco Vizoso (Franza): os días 28 de marzo e 4 e 11 de abril de 19:00 a 21:00 horas.

Para apuntarse e recibir máis información hai que dirixirse ao número de teléfono 619 231 661.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS