Concello de Mugardos

Actualidade

Este martes 3 entréganse os diplomas de ProximitasPlus

Publicada o Venres 30 de Marzo de 2007 en Emprego

O Centro Cívico acollerá o vindeiro martes día 3 de abril, a partir das 10:30 horas, a clausura e entrega de diplomas dos cursos pertencentes ao Proxecto ProximitasPlus levados a cabo na zona 2, sendo as sedes dos mesmos os concellos de Mugardos e de Narón. Asistirán ao acto representantes da Deputación Provincial e dos Concellos de Mugardos e Narón.

Estes cursos enmarcados no Proxecto ProximitasPlus están cofinanciados pola Deputación da Coruña e o Fondo Social Europeo.

  • Curso “Atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais”: impartiuse en Mugardos e asistiron un total de 18 alumnas, a moitas das cales lles serviu para a súa inserción no mercado laboral.
  • Curso “Enerxías renovábeis. Instalador/a de enerxía solar fotovoltaica e eólica”: impartiuse en Narón.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS