Concello de Mugardos

Actualidade

Mugardos acóllese un ano máis ao Programa de Cooperación de Traballo

Publicada o Martes 10 de Abril de 2007 en Servizos, Obras, Medio Ambiente, Emprego, Cultura

A Concellaría de Emprego comunica que acaba de solicitar, ao abeiro da liña de axudas Subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza, os seguintes programas:

  • Programa de acondicionamento de viarios, pintados e mellora de edificios municipais: a través deste programa contrataríanse 4 oficiais de primeira (albaneis e pintores) e 4 peóns, que se destinarán á mellora da infraestrutura do municipio co fin de poder ofrecer mellores servizos e comunicacións aos seus habitantes.
  • Programa de mellora de servizos de utilidade colectiva: a través deste programa contrataríanse 6 peóns que se destinarán ao servizo de limpeza e mantemento de espazos públicos.
  • Programa de mellora de servizos administrativos: a través deste programa contrataríase un/unha oficial administrativo/a que reforzaría a área de Cultura do Concello.
  • Programa de ampliación de servizos culturais: a través deste programa contrataríase un diplomado ou diplomada en Biblioteconomía que reforzaría os servizos da Biblioteca e Arquivo municipal e implantaría novas prestacións aos usuarios.

Este programa vai dirixido especialmente aos colectivos de desempregados, co fin de facilitar a súa inserción no mundo laboral. A Consellaría resolverá as solicitudes probabelmente no mes de xuño, co que, en función da subvención que finalmente conceda, o Concello podería contratar o persoal a partir dese mes.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS