Concello de Mugardos

Actualidade /

Rematan os traballos de adaptación dos parques do Peteiro e Os Carneiros

Publicada o 11 de Abril de 2007 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente comunica que xa están rematadas as obras de adecuación á normativa dos parques infantís do Peteiro e Os Carneiros, consistentes na reposición dos diversos xogos. O investimento total ascendeu a case 57.000 €, 37.000 no do Peteiro e 20.000 no dos Carneiros. O financiamento correspondeu na súa maior parte a fondos municipais, agás unha subvención de 12.000 € da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza.

Os dous parques presentaban un estado de deterioro, debido en parte a teren xa superado a súa vida útil (o do Peteiro tiña máis de dez anos) e en parte a actos vandálicos que se produciron neles. Nas novas instalacións limitouse a idade de uso a 12 anos, que será controlada pola Policía Local. Non obstante, facemos un chamamento ao civismo de todas as persoas que os utilicen para que poidan durar o maior tempo posíbel.

Os dous parques renovados están a ter unha grande aceptación entre pais e nais e rapaces.

Á marxe da renovación destes dous lugares, durante o presente mandato creáronse novas áreas de lecer nas zonas da Pedreira, Simou e A Seaña, e substituíronse tamén os xogos nas escolas de Apelón e O Seixo e no parque do Campo do Río.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS