Concello de Mugardos

Actualidade /

Protección Civil de Mugardos organiza un curso básico para voluntarios

Publicada o 12 de Abril de 2007 en Xeral

Protección Civil de Mugardos, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (centro de formación de policías, bombeiros e voluntarios de Protección Civil) organiza un curso básico para voluntarios das agrupacións locais dos municipios da comarca.

A actividade desenvolverase este venres 13, o sábado 14 e o domingo 15, e na mesma está prevista a participación de membros de Protección Civil dos concellos de Mugardos, Ares, Ferrol, Cambre, Neda e Fene.

O curso ten unha duración de 20 horas lectivas, nas que se inclúen traballos prácticos. Así, os voluntarios coñecerán, entre outras cuestións, o manexo de extintores e mangueiras contraincendios, ademais de noción sobre primeiros auxilios e, en xeral, actuacións básicas que poden resultar necesarias en accidentes e emerxencias.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS