Publicada o Venres 13 de Abril de 2007 en Mocidade, Cultura
A Concellaría de Mocidade aposta novamente por unha política de “software libre” nas IV Xornadas de software libre do Concello de Mugardos.
Esta iniciativa, innovadora no ano 2004 na comarca de Ferrol, nace da Comunidade Virtual Linux O Zulo, comandada por Alberto e Pablo. A súa proposta de divulgación das aplicacións e sistemas operativos de “Licenza Pública Xeral” foi acollida con satisfacción pola Concellaría, que presta a infraestrutura necesaria para o seu desenvolvemento.
Nestas IV xornadas seguiremos afondando no mundo do software libre. Este software potentísimo responde a unha filosofía no século XXI de liberdade e gratuidade de ferramentas informáticas comúns, presentes na maioría dos fogares, hoxe en día atadas a licenzas de uso de multinacionais e ás súas manipulacións. Benvid@s á era da liberdade do coñecemento, benvid@s ás:
IV XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE – CONCELLO DE MUGARDOS
Data: sábado, 21 de abril
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Mugardos
Programa:A entrada é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición, para quen queira asistir. Para máis información hai que dirixirse á OMIX do Concello de Mugardos, ou ben á web www.mugardosping.org. Calquera suxestión para as xornadas pode enviarse a Alberto e Pablo no correo da páxina.