Concello de Mugardos

Actualidade /

Preséntase o programa "Cultura en Familia 2007"

Publicada o 1 de Maio de 2007 en Cultura

Logo do programa “Circuítos 4×4”, a Concellaría de Cultura de Mugardos continúa desenvolvendo a súa programación, neste caso a través do circuíto da Consellaría de Cultura e Deporte, por medio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, co programa “Cultura en Familia”. Este ten unha duración dun mes, do 5 de maio ao 2 de xuño, e as actuacións realizaranse en diferentes lugares do termo municipal, co obxectivo de as achegar a toda a veciñanza, tal e como se indica no cadro que se expón de seguido.

Programa “Cultura en Familia 2007”
Grupo Data Hora Lugar
Os Monicreques de Kukas Sábado 5 de maio 19:00 Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
Títeres Cachirulo Domingo 13 de maio 12:00 Sociedade de San Xoán de Piñeiro
Títeres Falcatrúa Sábado 26 de maio 20:00 Casino Progreso de Franza
Mago Richard Domingo 27 de maio 12:00 Sociedade de San Xoán de Piñeiro
Mago Javier Muro Sábado 2 de xuño 20:00 Casino Progreso de Franza

A entrada é libre e de balde en todos os espectáculos.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS