Concello de Mugardos

Actualidade /

A vivenda sociocomunitaria estará rematada en tres meses

Publicada o 5 de Maio de 2007 en Asuntos Sociais

A Concellaría de Asuntos Sociais comunica que as obras de construción dunha vivenda sociocomunitaria estarán rematadas en tres meses, despois de que esta mesma semana se asinara a correspondente acta de replanteo.

Esta infraestrutura situarase na zona das Casas Baratas, nun edificio de propiedade municipal actualmente desocupado fronte á parcela do cuartel da Garda Civil, emprazamento tamén das futuras vivendas sociais. A concelleira de Asuntos Sociais, Margarida Corral, manifestou a súa satisfacción pola concreción desta importante iniciativa, que conta cun orzamento de 97.045,6 € financiado integramente pola Deputación da Coruña, e que permitirá dotar dunha vivenda digna a unhas seis persoas. De xeito idóneo, os candidatos a ocupala serían maiores que vivan sós ou persoas con discapacidade non dependentes.

As obras implican a demolición interior do actual edificio, conservando a fachada, e a substitución completa da cuberta. A empresa adxudicataria é Ergo Construcciones.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS