Concello de Mugardos

Actualidade /

Xunta, Concello e propietarios concretan a merca do Cine Zárate

Publicada o 14 de Maio de 2007 en Xeral, Asuntos Sociais

O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, e o director xeral de Acción Social da Xunta de Galiza, Xosé Bieito Seara, mantiveron este luns unha xuntanza con un dos propietarios do Cine Zárate na que se concretou a adquisición definitiva do edificio.

O director xeral comunicou que o seu departamento ten xa habilitada unha partida de 580.000 € coa que proceder á merca do edificio, tal e como anunciara o vicepresidente Quintana na súa última visita a Mugardos. Agora, unha vez pechado o acordo cos propietarios, o Concello deberá remitir á Xunta toda a documentación para proceder, nun prazo que non excederá un mes, ao traspaso das escrituras e a súa cesión ao Concello, que encargará decontado o proxecto de rehabilitación.

A recuperación deste inmóbel, un dos máis emblemáticos da nosa vila, permitirá poñer en valor unha zona céntrica de Mugardos e dotar á nosa vila de dúas infraestruturas tan importantes como son un centro de día para maiores e un auditorio multiusos. Segundo os estudos previos que temos realizado, as obras terán un prazo de execución de doce meses, co que ao longo de 2008 os mugardeses e mugardesas xa poderemos desfrutar deste novo espazo público.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS