Publicada o Martes 15 de Maio de 2007 en Cultura
Acta do ditame do Concurso.
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Mugardos
Data: Martes, 15 de maio de 2007
Hora: 13:00 horas
Xurado: Sr. Presidente da Comisión de Cultura, Deportes e Turismo: D. Evaristo Deus Deus, Sr. Concelleiro: D. Pedro Abeal Sousa, Sr. Concelleiro: D. Juan Domingo de Deus Fonticoba, Sr. Concelleiro: D. Antonio Cabalo Amado, Sra. Concelleira: Dª. Pilar Díaz Otero, Secretaria: Dª. Mª del Mar Nóvoa Conde.
Tras a análise efectuada polo xurado acádase o seguinte resultado:
Núm. total de carteis presentados: 28
O xurado decide non seleccionar ningún cartel.
E non sendo outro o motivo da presente, dáse por rematado o acto, sendo as 13.20 horas do día quince de maio de 2007 levantándose a presente acta.