Publicada o Mércores 23 de Agosto de 2006 en Política Lingüística, Cultura
A Concellaría de Política Lingüística do Concello de Mugardos informa que o día 11 de setembro comeza o prazo de entrega de relatos para participar no “IV CERTAME RELATO CURTO EN GALEGO CONCELLO DE MUGARDOS”. As obras terán unha extensión máxima de 10 folios e serán realizadas obrigatoriamente en lingua galega. Para calquera dúbida pódese contactar no teléfono 981 470 338 ou no enderezo do Concello: Avenida de Galiza, 45 15620 Mugardos A Coruña.