Concello de Mugardos

Actualidade /

Comezan os traballos de prevención contra lumes en Mugardos

Publicada o 25 de Maio de 2007 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente comunica que acaban de dar comezo os traballos de prevención e defensa contra lumes en núcleos rurais, que consisten na eliminación de biomasa arbustiva e sub-arbustiva con medios mecánicos nunha faixa de entre 10 e 25 metros arredor de edificacións, urbanizacións, obras e instalacións industriais que se atopen próximas ao monte. Nestas faixas as masas arbóreas deberán estar tamén rareadas, consonte á nova lei promovida pola Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza.

Os traballos empezaron este xoves, nas zonas do Galiñeiro, A Fontegrande e A Xesteira, e continuarán polo Seixo e O Baño. Actuarase sobre un total de catorce núcleos, que deberán estar despexados antes do vindeiro 31 de xuño.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS