Preséntase a programación cultural e deportiva do verán
Publicada o 14 de Xuño de 2007 en Mocidade, Deportes, Cultura
As concellarías de Cultura e Deportes acaban de facer pública a programación cultural e deportiva para este verán de 2007. As actividades ofrecidas son as seguintes:
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
- Viaxe ao parque acuático de Cerceda
- Mércores 4 de xullo
- Saída de Mugardos ás 10:30 e regreso ás 20:00
- Idades: todas, os/as menores de 7 anos irán acompañados/as, de 8 en adiante irán monitores/as
- Prezo: 3 €
- Multideporte na praia da Bestarruza
- Lugar: Praia da Bestarruza
- Horario: de 11 a 13:30
- Idade: nados/as no ano 2001 e anteriores.
- Datas: 9 de xullo ao 31 de xullo e do 1 de agosto ao 24 de agosto
- Prezo: 15 € cada quenda.
- Cursos de iniciación deportiva
- Patinaxe Hóckey
- Lugar: Pista polideportiva das casas baratas
- Horario: de 11 a 13
- Idade: nacidos/as no 2001 e anteriores
- Datas: do 26 ao 29 de xuño e o 2 e 3 de xullo
- Prezo: 7 €
- Ioga
- Lugar: SCDR San Xoán de Piñeiro
- Horario: de 10 a 10:50
- Idade: a partir de 16 anos
- Datas: do 2 ao 17 de xullo
- Prezo: 7 €
- Tai chi
- Lugar: Praia da Bestarruza
- Horario: de 10 a 10:50 de luns a venres
- Idade: a partir de 16 anos.
- Datas: do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Prezo: 7 €
- Tai chi
- Lugar: Beiramar (O Seixo)
- Horario: de 11 a 11:50 de luns a venres
- Idade: a partir de 16 anos
- Datas: do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Prezo: 7 €
- Tenis
- Lugar: Pista de Franza
- Horario: de 11 a 13
- Idade: a partir de 7 anos
- Datas: do 6 ao 10 de agosto
- Prezo: 7 €
- VI Concurso de pesca
- Lugar: Peirao de Mugardos
- Horario: de 21 a 23
- Idade: de 6 anos en adiante (acompañados por un adulto)
- Datas: os tres primeiros venres de agosto: 3, 10 e 17
- Entrega de diplomas
- Venres 24 de agosto ás 12 horas
ACTIVIDADES CULTURAIS
| Actividade | Data | Idade | Horario | Lugar |
|---|---|---|---|---|
| Debuxo e pintura | 9-27 de xullo | 4-9 anos | 12:00 a 13:30 | Casa da Cultura |
| Obradoiro de xoguetes | 1-17 de agosto | 4-9 anos | 12:00 a 13:30 | Casa da Cultura |
| Peirao Rock | 12 de xullo | Mocidade | 22:00 | Cantón de Cora |
| Moondogs Blues Party | 18 de xullo | Adultos | 22:00 | Praza do Concello |
| Animación na rúa con Festicultores | 19 de xullo | Todos os públicos | 21:00 | Na rúa |
| Festival Folclórico | 20 de xullo | Adultos | 21:00 | Cantón de Cora |
| Festa do Polbo | 21 de xullo | Todos os públicos | 12:00 | Peirao |
| Música Reggae | 21 de xullo | Adultos | 22:00 | Praza do Concello |
| Animación na rúa con estatuas viventes | 21 de xullo | Todos os públicos | Mañá e tarde | Peirao |
| Vocal Nois Party: música dos 60 | 22 de xullo | Adultos | 22:00 | Praza do Concello |
| Cine na rúa | 24 e 27 de xullo e 4 de agosto | Todos os públicos | 22:00 | Praza do Concello |
- Prazo de inscrición: a partir do 18 de xuño, remata 3 días antes do inicio de cada actividade
- Información e inscricións: OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), 981 47 03 38; ext. 3; enderezo electrónico: cultura@mugardos.dicoruna.es
- Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00
