Realízase unha homenaxe aos adestradores do Racing
Publicada o 6 de Xullo de 2007 en Deportes
O Concello de Mugardos, a través da Concellaría de Deportes, organiza para este sábado día 7 de xullo, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos, un acto de homenaxe aos adestradores mugardeses do Racing de Ferrol, Juan e José Veiga Bouza.
Ao acto están convidadas todas as sociedades do concello, así como todas aquelas persoas que desexen asistir.
