Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello adquirirá unha nova motobomba e un vehículo para a Policía Local

Publicada o 13 de Setembro de 2007 en Servizos, Medio Ambiente

A Concellaría de Servizos comunica que no Pleno celebrado hoxe aprobouse unha modificación de crédito de 8.900 € que o Concello debe aportar á subvención concedida pola Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para mercar un vehículo todoterreo para a Policía Local, cun custo de 25.775 €.

Igualmente, a mesa de contratación do Concello propuxo adxudicar á empresa Veicar SL a subministración, cun orzamento de 119.500 €, dunha motobomba. Este vehículo, pensado para tarefas de contraincendios e protección civil, vai equipado cunha bomba de baixa presión, un carrete de primeiro socorro, bombas portátiles de alta e baixa presión, cabrestante, radiocomunicacións e equipo de sinalización óptico e acústico, e mellorará sensibelmente a capacidade de resposta do Concello ante lumes, accidentes, etc.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS