Concello de Mugardos

Actualidade /

Ábrese o prazo de inscrición nas escolas municipais

Publicada o 15 de Setembro de 2007 en Deportes, Cultura

A Concellaría de Cultura, Deportes, Mocidade, Ensino e Política Lingüística informa que a partir do luns día 17 de setembro está aberto o prazo de matrícula nas escolas municipais, tanto deportivas como culturais, do Concello de Mugardos.

Para recibir máis información e formalizar a matrícula cómpre dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, no seguinte horario:

- Mañá: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
- Tarde: xoves de 17:00 a 19:30 horas.

Teléfono: 981 470 338; ext. 3
Fax: 981 470 220

ESCOLAS MATRICULA MENSUALIDADE
MÚSICA – Música e movemento (até 8 anos) 30,05 € 15,03 €
MÚSICA – Linguaxe musical (a partir de 9 anos) 36,06 € 27,05 €
Baile galego 8 € 4 €
INFORMÁTICA – Maiores de 18 anos 15 € 13 €
INFORMÁTICA – Menores de 18 anos 15 € 12 €
PINTURA – Maiores de 18 anos 15 € 16 €
PINTURA – Menores de 18 anos 15 € 5 €
XIMNASIA – Ximnasia de mantemento I 8 € 9 €
XIMNASIA – Ximnasia de mantemento II (+ 55 anos) 8 € 9 €
XIMNASIA – Rítmica 8 € 7 €
BAILE MODERNO 8 € 4 €
TAI-CHI 8 € 7 €
IOGA 8 € 7 €
PATINAXE 8 € 7 €
TENIS 8 € 7 €
TIRO CON ARCO 8 € 7 €
XADREZ 8 € 4 €
NATACIÓN ESCOLAR 8 € 7 €
FÚTBOL 8 € 7 €
ATLETISMO 8 € 7 €

As matrículas aboaranse na Oficina de Recadación do Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS