Concello de Mugardos

Actualidade /

Adxudícase a ampliación de prazas de amarre no peirao

Publicada o 27 de Decembro de 2007 en Xeral, Turismo, Servizos

Portos de Galiza acaba de adxudicar as obras de ampliación das instalacións para embarcacións menores no peirao de Mugardos, segundo saíu publicado onte no Diario Oficial de Galiza.

Estes traballos, que contan cun orzamento de 1.012.722 euros, teñen como obxectivo incrementar o número de prazas de amarre do peirao e reducir o seu ancho no pantalán xa existente na actualidade.

En total, está previsto que se cren en Mugardos 84 puntos de amarre.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS