Concello de Mugardos

Actualidade

Ábrese o prazo de preinscricións para a campaña de esquí 2008

Publicada o Martes 15 de Xaneiro de 2008 en Deportes

A Concellaría de Cultura e Deportes comunica que xa está aberto o prazo de preinscrición para a campaña de esquí 2008, organizada pola Deputación Provincial.

  • Inscricións: na OMIX do Concello, tel. 981470338 ext. 3, até o xoves 7 de febreiro
  • Lugar: Estación Invernal de Sierra Nevada (Granada)
  • Aloxamento: hotel de tres estrelas no casco urbano de Granada
  • Duración: sete días cada quenda
  • Quenda para Mugardos: do 23 de febreiro ao 1 de marzo
  • Incorporación: recolleranse os participantes o sábado pola tarde do día 23
  • Regreso: saída de Sierra Nevada venres pola tarde e chegada aos puntos comarcais o sábado 1 de marzo pola mañá

Os destinatarios desta actividade son rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos, ambos inclusive, na data da saída.

A cota de inscrición son 95 euros.

Os rapaces e rapazas estarán acompañados por monitores desde a saída de Mugardos até o regreso.

Caso de haber máis solicitudes que prazas procederase a un sorteo público o venres 8 de febreiro ás 10 da mañá na Casa do Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS