Publicada o Sábado 19 de Xaneiro de 2008 en Xeral, Emprego, Educación
O Concello de Mugardos e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, organismo dependente da Consellaría de Innovación e Industria, asinaron un convenio de colaboración para determinadas actuacións no desenvolvemento do proxecto da “Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Galiza”.
Entre os obxectivos da Rede de Dinamización da Sociedade da Información están:
Mediante o convenio asinado, o Concello de Mugardos contará cunha Dinamizadora da Sociedade de Información na AULA ABERTA DE INFORMÁTICA do Centro de Formación Francisco Vizoso, que será a encargada da apertura da aula, así como de organizar diferentes actividades e obradoiros que irán dende a iniciación á informática, Internet, etc., até obradoiros máis temáticos na parroquia de Franza (Avda Francisco Vizoso, s/n).
O horario da Aula será: luns, mércores e venres de 11 a 15 horas e de 16 a 21 horas. E os martes e xoves de 16 a 21 horas.
Para máis información pódese chamar ao número 671693008 ou á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello.