Organízanse diversas actividades para o 8 de marzo, Día das Mulleres
Publicada o 29 de Febreiro de 2008 en Muller
A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Sanidade anuncia a programación das seguintes actividades en conmemoración do Día Internacional das Mulleres:
- Campaña de sensibilización e información sobre corresponsabilidade “E ti, que es?”, con animación na rúa o vindeiro sábado 15 de marzo, na praza do Mercado de Mugardos durante toda a mañá. Repartiranse folletos informativos e obsequios as/aos participantes.
- Exposición “Podemos. Queremos”, da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galiza, do 14 ao 29 de febreiro no IES de Mugardos.
- Obradoiros de coeducación para 5º e 6º de Primaria, nos Colexios Santiago Apóstolo e Unión Mugardesa.
- Representación teatral a cargo do Grupo de Teatro da Escola Municipal de Narón titulada “Taras mínimas”, o vindeiro 22 de marzo, no local da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo ás 20:30.
Por outra banda, a Comisión de Benestar Social, Igualdade e Sanidade acordou subvencionar neste ano a viaxe a 6 nenas e nenos saharauís, para continuar con esta experiencia en marcha no Concello desde 1999.
