Técnicos de Augas de Galicia visitan Mugardos para preparar o desdobramento da rede
Publicada o 13 de Xullo de 2006 en Obras
Técnicos de Augas de Galicia, organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente, visitaron Mugardos o pasado luns 22 de maio para inspeccionar o tramo polo que discorrerá a nova canalización de abastecemento de auga, que dotará o noso concello dunha conexión directa con Fene. Así se recibirá un caudal moito maior que o actual, o que solucionará os problemas existentes na zona alta (A Pedreira) e permitirá afrontar a ampliación da rede a Franza e San Xoán de Piñeiro. As obras, sufragadas a medias pola Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos, poderían comezar en setembro.
