Concello de Mugardos

Actualidade /

Organízase un curso de atención á infancia

Publicada o 18 de Setembro de 2006 en Muller, Emprego, Asuntos Sociais

A Concellería de Emprego do Concello de Mugardos, a través da Axencia Local de Emprego, vai realizar un curso de formación de ATENCIÓN Á INFANCIA, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e polo Servizo Galego de Igualdade.

Este curso vai dirixido ao colectivo de mulleres desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego, e o seu obxectivo é formar as alumnas para a atención básica á infancia en domicilio ou centros de actividades, lecer, transportes, etc.
As interesadas en realizar o devandito curso poderán presentarse á proba de selección que terá lugar o vindeiro 20 de setembro ás 12:00 horas no Concello.

Para máis información poden pasar pola Axencia de Desenvolvemento Local, ou chamar ao teléfono 981 470 338.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS