As obras presentadas ao I Certame de Poesía poderanse visitar até o 20 de abril
Publicada o 17 de Abril de 2008 en Cultura
O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convocou a primeira edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co gallo do Día da Poesía, o 21 de marzo.
As poesías presentadas están expostas na OMIX (baixo do Concello) até o vindeiro 20 de abril para se poder visitar libremente. As persoas visitantes poderán emitir alí o seu voto, de xeito anónimo, a favor da poesía que consideren que debería ser a gañadora. Rematado o período de exposición das obras, e tralo reconto das papeletas cos votos dos/as visitantes, resultará gañadora aquela poesía que máis votos acadara, podendo facer ademais Mención Especial daquelas que así o merezan.
O premio consistirá nun bono por valor de 100 € para mercar libros de poesía.
O nome do/a gañador/a farase público o día 21 de abril, tendo lugar o acto de entrega de premios o mércores 23 do mesmo mes (Día Internacional do Libro) ás 20:00 horas.
