Concello de Mugardos

Actualidade /

Ditamínanse os concuros de pintura "Bello Piñeiro" e "Piñeiro Pose"

Publicada o 9 de Maio de 2008 en Cultura

XVIII CONCURSO DE PINTURABELLO PIÑEIRO” E “PIÑEIRO POSE

ACTA DO DITAME DO CONCURSO

Reunido na Casa da Cultura o Xurado composto por: dona Marina López Martínez, catedrática de Instituto; Crítica de Arte, dona Marta González Pérez, licenciada en Belas Artes, profesora no IES de Mugardos, dona Verónica Martínez Delgado, Directora da Galería Sargadelos de Ferrol.

Presidido polo alcalde, don Xosé Fernández Barcia, actuando como secretaria, dona Mª. del Mar Nóvoa Conde, e contando coa presenza da concelleira de Cultura, dona Carolina Cruz Fernández; ás 11.00 horas do día 9 de maio de 2008, procédese a ditaminar o devandito concurso, co seguinte resultado:

CONCURSO DE PINTURABELLO PIÑEIRO” (maiores de 18 anos). Tras a análise efectuada polo xurado acádase o seguinte resultado:

PREMIO:

  • Autora: CARMEN MARTÍN SERANTES
  • Título da obra: Paisaxe galega
  • Premio: 1.800 euros

Así mesmo, reciben a categoría de accésit, xa que optaron ao premio, aínda que non o acadaron, os seguintes:

ACCÉSIT:

  • Autor: Víctor Manuel Rodríguez Saavedra
  • Título da obra: Vila de Mugardos
  • Autora: Sara Garrote Gil
  • Título da obra: O avó

O xurado resolve seleccionar as obras que a continuación se relacionan:

  • Autora: Mª del Pilar Casas Gil
  • Título: Noite de choiva
  • Autora: Mª Teresa Faginas Díaz
  • Título: As Rías Altas
  • Autor: Xosé Luis Otero Becerra
  • Título: Un camiño na Galiza
  • Autora: Mª Carmen García Rodríguez
  • Título: Vida
  • Autora: Mª Carmen Cagiao Casanova
  • Título: Casa con vistas á praia

CONCURSO DE PINTURA “PIÑEIRO POSE” (até 18 anos). A continuación procédese a ditaminar este concurso, acadando o seguinte resultado:

PREMIO:

  • Autora: Alba Martínez González
  • Título da obra: O meu soño rural
  • Premio non metálico: valorado en 900 euros que consiste nunha viaxe cultural a Madrid para a/o premiada/o e unha/un acompañante.

Así mesmo, acadan a categoría de accésit, recibindo premio (non metálico) co obxecto de estimular a participación e calidade dos máis novos/as:

ACCÉSIT:

  • Autora: Rocío Anca Guerreiro
  • Título da obra: Paisaje desde el mar
  • Autor: Miriam Fernández Iglesias
  • Título da obra: Marexada en Chanteiro

O Xurado fai MENCIÓN ás seguintes obras:

  • Autora: Berta del Real Maceira
  • Título da obra: Bosque animado
  • Autora: Andrea López Picos
  • Título da obra: La lluvia en Rock
  • Autora: Andrea Fraguela Rodríguez
  • Título da obra: Paisaje “Real”

O xurado resolve seleccionar as obras que a continuación se relacionan:

  • Autora: Ana Piñeiro Romero
  • Título: Un cabalo negro
  • Autora: Gema Acea Otero
  • Título: As casas da fonte
  • Autora: Lara Fonte Allegue
  • Título: Outono
  • Autora: Sara Bardanca Lago
  • Título: Sen título
  • Autora: María Sánchez Iglesias
  • Título: San Andrés de Teixido
  • Autora: Lucia Tajuelo López
  • Título: A praza

    E non sendo outro o motivo da presente, dáse por rematado o acto, ás 13.00 horas do venres día 9 de maio de 2008, levántase a presente acta, que asinan os/as asistentes.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS