Concello de Mugardos

Actualidade

A Deputación concede ao Concello tres programas estivais xuvenís

Publicada o Mércores 28 de Maio de 2008 en Mocidade, Deportes, Cultura

A Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística informa dos programas concedidos a este Concello pola Deputación provincial da Coruña para este verán:

  • CAMPAMENTOS DEPORTIVOS: golf, vela de cruceiro, tenis, volei praia…
    • Lugar: A Coruña, Colexio Calvo Sotelo
    • Duración: unha semana, de domingo a sábado
    • Quenda: 4ª, do 20 ao 26 de xullo
    • Idade dos participantes: entre 9 e 13 anos, cumpridos na súa quenda
    • Cota de inscrición: 85€
    • Prazo de pre-inscrición: até as 14:00 horas, do xoves 19 de xuño
    • Sorteo: ás 14:00 horas do 19 de xuño, na OMIX.
  • CAMPUS DE FÚTBOL: técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros…
    • Aloxamento: IES Cruceiro Baleares (Culleredo)
    • Lugar actividade: Instalacións deportivas da Torre (A Coruña)
    • Duración: unha semana, de domingo a sábado
    • Quenda: 1ª, do 29 de xuño ao 5 de xullo
    • Idade dos participantes: entre 9 e 13 anos, cumpridos na súa quenda
    • Cota de inscrición: 75€
    • Prazo de pre-inscrición: até as 14:00 horas, do xoves 12 de xuño
    • Sorteo: ás 14:00 horas do 12 de xuño, na OMIX.
  • VIVIR O MUNDO: VIVIR EUROPA
    • EXPO ZARAGOZA 2008
    • Lugar: Zaragoza
    • Duración: do 9 ao 13 de xullo
    • Quenda: 7ª
    • Idade dos participantes: entre 10 e 14 anos, cumpridos na súa quenda
    • Cota de inscrición: 85€
    • Prazo de pre-inscrición: até as 14:00 horas, do venres 20 de xuño
    • Sorteo: ás 14:00 horas do 20 de xuño, na OMIX.

Para máis información e pre-inscricións cómpre dirixirse á OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Teléfono: 981 470 338; ext. 3, fax: 981 472 202, enderezo electrónico: cultura@mugardos.dicoruna.es.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS