Concello de Mugardos

Actualidade

Últimos días para inscribirse na “Ruta de sendeirismo Mugardos-Ares”

Publicada o Mércores 11 de Xuño de 2008 en Deportes

Trátase da décima edición da ruta intermunicipal de sendeirismo, o domingo 15 de xuño, de 25 km de percorrido, de dificultade baixa, con saída e chegada nesta ocasión ao Pavillón Deportivo Municipal do Cristo, ao remate terá lugar un pincho e entregarase un agasallo para os participantes. Haberá avituallamentos en ruta, ademais de guías en todo o percorrido. Esta actividade atópase dentro do programa Por terra mar e aire. A hora de saída é ás 9:30 h. e está dirixida a maiores de 12 anos con permiso de pais/nais/titores.

Observacións: Botas de montaña ou calzado forte, chuvasqueiro, mochila pequena.

Nº prazas e inscrición: 100 prazas. Prezo da inscrición 6 €. Até as 13 h. do venres 13 de xuño nas OMIX de Ares e Mugardos. Sempre e cando haxa prazas poderán inscribirse o mesmo día da ruta cun incremento de 2 € no prezo estabelecido.

Dirixe a actividade a Agrupación de Montaña i Escalada Bestarruza de Mugardos.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
  • No Concello de Ares ( Alianza): teléfono 981448057.
  • No Concello de Mugardos: teléfono 981470338. Ext.3

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS