Publicada o Luns 18 de Setembro de 2006 en Servizos, Obras, Medio Ambiente
O Concello de Mugardos comunica que na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns 18 de setembro adxudicáronse a adquisición dun tractor e as obras de renovación da rede de auga no Xuncedo (O Seixo).
O tractor será adquirido á empresa Agrícola Carballeira, SL, por un prezo de 84.454 €. O vehículo, de 120 CV, 6 cilindros, par máximo de 500 Nm, con filtro de aire, e un ángulo de xiro de 55º, vén equipado cunha desmalezadora de brazo de 5 metros de alcance e 1,20 de cabezal, e outra traseira de 1,80 metros de arrastre. Utilizarase principalmente para levar a cabo o mantemento das vías e propiedades de titularidade municipal, e está subvencionado pola Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galiza e a área de Promoción Económica da Deputación da Coruña.
Así mesmo, na devandita XGL adoptouse o acordo de adxudicar as obras de renovación da rede de augas no Xuncedo á empresa Construcciones Concifa, SL. Estas obras teñen un orzamento de 21.609,18 €, e consistirán na substitución das antigas tubarias de fibrocemento, xa moi deterioradas, por outras novas de polietileno, así como a reposición do firme da rúa. Con esta actuación ficará completada a renovación da rede de augas no lugar do Seixo.