Publicada o Venres 20 de Xuño de 2008 en Deportes
A Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística, xunto co Círculo Ferrolán de Xadrez, está organizando o I Torneo escolar de Xadrez que terá lugar o sábado día 21 de xuño, a partir das 10:30 horas, no pavillón municipal do Cristo.
O sistema de xogo é: Suízo a 6 roldas; ritmo de xogo: 20 minutos para xogador e partida a finish; número de participantes: de 150 a 200
Horario de xogo:
Categorías: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-15
Trofeos: para as/os cinco primeiras/os clasificadas/os e para a primeira rapaza.
A entrega de trofeos e sorteo de agasallos entre as/os participantes será a partir das 19.00 horas: impresora, reprodutor DVD, equipo de música, radio reloxo, radio dixital/casete, reprodutor MP3, balón de básket senior, balón de básket cadete, balón de fútbol, balón de volei praia, raqueta de tenis, caña de pescar, novag perfect portal, reloxo excalibur e 5 libros de xadrez.